Os meus alumnos puxéronse poéticos coa chegada da primaveira e douselles por facer poemas e contos. Espero que vos gusten. Eu estou moi orgullosa do seu traballo. Poemas e contos dos maios e máis cousas.
Hoxe fomos de troula por Ferrol. Fomos facer un roteiro por rúas, prazas, edificios... onde as mulleres tiveron un papel fundamental. Foi unha mañá ben fermosa e interesante. Vede o fermosos e atentos que estaban os nosos alumnos. Foto no Jofre.
O noso alumno Uxío fíxonos un precioso powerpoint para a presentación que levamos a cabo o outrodía con motivo do 8 de marzo. Espero que vos guste. Moitas grazas Uxío polo teu traballo e dedicación. Powerpoint Elas sempre pintan moito.