Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 18, 2018

4º ESO: As pintoras.

Hoxe os alumnos de 4º de ESO embarcáronse nunha fermosa aventura: van investigar sobre Ángeles Caso, Lita Cabellut, Carmen Corredoira e Elvira Santiso. Como todos sabedes, desde a biblioteca do noso colexio estamos levando a cabo un proxecto, a raíz do libro Ellas mismas de Ángeles Caso, que versa sobre algunhas pintoras importantes ao longo da historia e no que está a participar Infantil,  Primaria e tamén Secundaria. Debido á boa acollida que está tendo dito proxecto, decidimos engadir dúas pintoras galegas e preparar unhas preguntas para entrevistar a Ángeles Caso e Lita Cabellut. E aquí é onde entran os rapaces de 4º que son os que se van encargar deste apaixoante traballo. Aproveito para darlles as grazas, por isto, por ler e facer unhas reseñas fantásticas dos libros da maleta viaxeira e por acompañarme o día 8 a facer un roteiro por Ferrol, no que coñeceremos a historia de moitas mulleres importantes desta cidade. Grazas de novo. Tamén vos invito a todos os que teñades int

Ferrol en feminino

O 8 de marzo temos previsto facer un percorrido por Ferrol por todas aquelas rúas adicadas a mulleres, co fin de coñecer máis o noso entorno e tamén informarnos das mulleres importantes que nel existen. Espero que vos animedes a acompañarme. A continuación tedes o programa. Roteiro de Ferrol en feminino.