4º ESO: As pintoras.

Hoxe os alumnos de 4º de ESO embarcáronse nunha fermosa aventura: van investigar sobre Ángeles Caso, Lita Cabellut, Carmen Corredoira e Elvira Santiso.
Como todos sabedes, desde a biblioteca do noso colexio estamos levando a cabo un proxecto, a raíz do libro Ellas mismas de Ángeles Caso, que versa sobre algunhas pintoras importantes ao longo da historia e no que está a participar Infantil,  Primaria e tamén Secundaria.
Debido á boa acollida que está tendo dito proxecto, decidimos engadir dúas pintoras galegas e preparar unhas preguntas para entrevistar a Ángeles Caso e Lita Cabellut. E aquí é onde entran os rapaces de 4º que son os que se van encargar deste apaixoante traballo.
Aproveito para darlles as grazas, por isto, por ler e facer unhas reseñas fantásticas dos libros da maleta viaxeira e por acompañarme o día 8 a facer un roteiro por Ferrol, no que coñeceremos a historia de moitas mulleres importantes desta cidade.
Grazas de novo.
Tamén vos invito a todos os que teñades interese na pintura a que visitedes a exposición de Lita Cabellut, que está ata o 1 de abril no MEC de Gas Natural Fenosa, na Coruña.

Comentarios