Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 12, 2020

Audio libros para todos os cursos e gustos.

Póñovos un enlace con  audio libros por se vos apetece escoitar algún. Son gratis. É a contribución de Amazon ao encerro. A próxima semana é o Día do Libro. https://stories.audible.com/

3º ESO: GALEGO. A obra de Rosalía de Castro.

A continuación póñovos un enlace para que vexades a explicación das obras de Rosalía. As obras de Rosalía.

3º ESO: GALEGO. Exercicios pronomes explicados e correxidos.

A continuación póñovos un enlace cos exercicios dos pronomes átonos explicados e correxidos. Espero que o miredes e vos sirva de axuda. Pensade que este é un dos temas máis importantes da gramática galega e tamén un dos máis difíciles. Os malditos pronomes átonos.

1º e 2º ESO: GALEGO. Cocinillas.

Esta semana imos practicar os textos instrutivos e ímolo facer dun xeito moi apetitoso. Tedes que cociñar. Ides facer unha receita, a que queirades (que non sexa unha pizza de Casa Tarradellas nin un sandwich ou trapalladas así) e escribides os ingredientes e despois o xeito de facela, pero tedes que contarmo nun vídeo no que ten que saír un fotograma co resultado do voso prato. Poñede a vosos pais e a vosos avós a traballar, así vai ser máis divertido. A data de entrega será o día 21 de abril, antes das 9 da noite. Estou desexando ver o resultado!!!!!!