Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 24, 2019

1º ESO: GALEGO. Pintores

Como vos prometín hoxe pola mañá, a continuación póñovos un enlace con todos os pintores que eu vos suxiro. Se alguén quere estudar algún outro pode facelo sen problemas. Para non repetirvos, escollede un e dicídello os demais ou comunicádemo todos a min e vou tachando da lista. FELIZ ENTROIDO!!!! Pintores para estudar.

TODOS OS CURSOS: PREPARANDO O 8M

Como todos sabedes o 8M é o día das MULLERES e este curso, como no anterior, e desde a biblioteca do noso centro, fixemos unha selección de mulleres artistas baseándonos no 2º libro de Ángeles Caso. A continuación póñovos as artistas escollidas para entre todos facer poemas que serán lidos no Kamishibai. Anímovos a todos a participar. Escolma pintoras 8M