1º e 2º ESO: GALEGO. Cocinillas.

Esta semana imos practicar os textos instrutivos e ímolo facer dun xeito moi apetitoso. Tedes que cociñar. Ides facer unha receita, a que queirades (que non sexa unha pizza de Casa Tarradellas nin un sandwich ou trapalladas así) e escribides os ingredientes e despois o xeito de facela, pero tedes que contarmo nun vídeo no que ten que saír un fotograma co resultado do voso prato. Poñede a vosos pais e a vosos avós a traballar, así vai ser máis divertido.
A data de entrega será o día 21 de abril, antes das 9 da noite.
Estou desexando ver o resultado!!!!!!

Comentarios