Publicacións

4º ESO: As pintoras.

Hoxe os alumnos de 4º de ESO embarcáronse nunha fermosa aventura: van investigar sobre Ángeles Caso, Lita Cabellut, Carmen Corredoira e Elvira Santiso. Como todos sabedes, desde a biblioteca do noso colexio estamos levando a cabo un proxecto, a raíz do libro Ellas mismas de Ángeles Caso, que versa sobre algunhas pintoras importantes ao longo da historia e no que está a participar Infantil,  Primaria e tamén Secundaria. Debido á boa acollida que está tendo dito proxecto, decidimos engadir dúas pintoras galegas e preparar unhas preguntas para entrevistar a Ángeles Caso e Lita Cabellut. E aquí é onde entran os rapaces de 4º que son os que se van encargar deste apaixoante traballo. Aproveito para darlles as grazas, por isto, por ler e facer unhas reseñas fantásticas dos libros da maleta viaxeira e por acompañarme o día 8 a facer un roteiro por Ferrol, no que coñeceremos a historia de moitas mulleres importantes desta cidade. Grazas de novo. Tamén vos invito a todos os que teñades...

Ferrol en feminino

O 8 de marzo temos previsto facer un percorrido por Ferrol por todas aquelas rúas adicadas a mulleres, co fin de coñecer máis o noso entorno e tamén informarnos das mulleres importantes que nel existen. Espero que vos animedes a acompañarme. A continuación tedes o programa. Roteiro de Ferrol en feminino.

2º ESO: GALEGO. A POESÍA LÍRICA.

Explicación da Literatura do tema 7. A poesía lírica.

1º ESO. GALEGO. O conto popular e as lendas.

A continuación explícovos o conto popular e as lendas que corresponden aos temas 5 e 6 do voso libro de texto. O conto popular e a lenda.

GALEGO. Elementos da narración.

A continuación explícovos todos os elementos da narración. Pertence aos temas 5 e 6 de Galego de 2º, pero é válido para todos os cursos. Elementos da narración.

Alumnos

Agreguei este apartado, para todo aquilo que fagamos ou me queirades entregar ao longo do curso. Espero vos estimule nos vosos traballos. VANGARDAS 4º ESO. Estes son os carteis  froito da investigación dos rapaces acerca das vangardas que influíron na nosa literatura. Espero que vos gusten. VANGARDAS 1 VANGARDAS 2 VANGARDAS 3 VANGARDAS 4 Os alumnos de 2º ESO investigan quen foi Ana Frank. O diario de Ana Frank A continuación póñovos o enlace para que vexades o resultado do voso traballo: calameo

Ellas mismas de Ángeles Caso

Hoxe rematei de ler o libro de Ángeles Caso, Ellas mismas, co que, como sabedes, estamos a traballar dende a biblioteca. É un libro ameno, esteticamente fermoso e vén a saldar una débeda histórica coas mulleres pintoras e fotógrafas. Moi recomendable a súa lectura. Ellas mismas de Ángeles Caso.