Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 24, 2019

2º ESO: Un toque de canela.

Onte rematamos de ver Un toque de canela . Agora toca investigar: 1. Ficha técnica da película: director, actores, nacionalidade, ano de producción... 2. Sinopse da película. 3. Estambul. Por que razón se di na película que é a cidade máis bonita do mundo? Que hai que ver? 4. O conflicto Turquía-Grecia do que falan na película, cando sucedeu e por que razón? 5. Ankara, onde está e por que razón é moi importante? Que podemos ver alí? 6. Que relixión profesan os turcos? E os gregos? Investiga un pouco sobre cada unha delas. 7. Que valores pon de manifesto esta película? Como imos facer este traballo? Todos tedes que facer a ficha técnica , a sinopse e os valores, no soporte técnico que queirades. Despois distribuímos o resto das preguntas do seguinte xeito: André e Yaiza estudan Estambul. Jacqueline e Bruno investigan o conflicto Turquía- Grecia. Adrián, Iria e Michelle estudan Ankara. Raúl e Olivia a relixión dos turcos e dos gregos. A información que vaiades recollendo,