2º ESO: Un toque de canela.

Onte rematamos de ver Un toque de canela. Agora toca investigar:
1. Ficha técnica da película: director, actores, nacionalidade, ano de producción...
2. Sinopse da película.
3. Estambul. Por que razón se di na película que é a cidade máis bonita do mundo? Que hai que ver?
4. O conflicto Turquía-Grecia do que falan na película, cando sucedeu e por que razón?
5. Ankara, onde está e por que razón é moi importante? Que podemos ver alí?
6. Que relixión profesan os turcos? E os gregos? Investiga un pouco sobre cada unha delas.
7. Que valores pon de manifesto esta película?
Como imos facer este traballo?
Todos tedes que facer a ficha técnica , a sinopse e os valores, no soporte técnico que queirades.
Despois distribuímos o resto das preguntas do seguinte xeito:
André e Yaiza estudan Estambul.
Jacqueline e Bruno investigan o conflicto Turquía- Grecia.
Adrián, Iria e Michelle estudan Ankara.
Raúl e Olivia a relixión dos turcos e dos gregos.
A información que vaiades recollendo, traerédela grabada nun pen, de xeito que poidades facer unha posta en común e, entre todos facer un power point, o cal faremos na sá de ordenadores.
O día 9 de decembro todos debedes ter a información recollida e as fotos que queirades adxuntar. Ese mesmo día faredes a posta en común e ao día seguinte empezamos a montar o powerpoint que debe estar rematado o venres 13 de decembro.

Comentarios