Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

Repasamos oracións simples e coordinadas.

 A continuación un enlace para acceder a oracións simples e coordinadas para que poidades practicar. Practicamos o aprendido

Sintaxe: Coordinadas e complementos.

 Imos practicar o que aprendemos ata agora. Toca practicar

2º ESO: ORATORIA. Explica o que ves.

 A continuación a ficha número 5 onde vos dá as claves para saber describir. Explica o que ves

4º ESO: CASTELLANO. La sociedad del S. XIX. Cuadro romanticismo.

 A continuación un enlace con las explicaciones de la sociedad del S. XIX, importantes para saber el entorno de los escritores del Romanticismo: La ley Moyano, la importancia de la ILE...  Asimismo, os añadí un cuadro con las características de tres corrientes literarias de este siglo: Romanticismo, Realismo y Naturalismo. Todo el Romanticismo  

As redes sociais.

 En 2º ESO plantexámonos por que razón as redes sociais teñen tanto éxito e o voso compañeiro Carlos mandoume un vídeo que quero compartir con vós porque creo necesario que todos reflexionemos sobre o tema. As redes sociais heroes ou viláns?  Copiade este enlace no buscador. Non ten desperdicio. Gracias, Carlos. https://www.youtube.com/watch?v=napWDUFoS4M

Os xudeus e os seus costumes.

 Os rapaces de 3º ESO estiveron investigando a importancia dos xudeus en España e os seus costumes. A vosa compañeira Yaiza fixo un traballo moi ben feito que quero compartir con vós porque é moi importante coñecer o noso pasado e tamén importante coñecer outras culturas. Gracias, Yaiza Os xudeus e os seus costumes.

Os obxectivos da axenda 2030.

 Estas semanas os alumnos de 2º ESO estiveron traballando Os obxectivos da axenda 2030, dos que España é país firmante, neles marcaron unhas metas para mellorar este mundo que nos tocou vivir.  Teño o grandísimo pracer de presentarvos o traballo que fixo Laura Rodríguez que estudou tres deses obxectivos. NON VOS PERDADES O VÍDEO QUE SELECCIONOU!!!!! Gracias, Laura . Os obxectivos da axenda 2030

4º ESO: GALEGO. Exame de sintaxe. ORACIONES SIMPLES.

 Miniexame de sintaxe Miniexame

4º ESO: Castellano. Sintaxis (as verdades do barqueiro)

 A continuación un enlace con todo aquilo que tedes que saber para poder arrincar neste tema da sintaxe. O ABC da sintaxe.

4º ESO: GALEGO. Entradas do meu blog do voso interese.

 A continuación póñovos un enlace para que poidades acceder a todas as entradas do meu blog que vos poden servir de moita axuda agora que estades empezando coa sintaxe. Entradas no blog do voso interese

3º ESO. Textos para reflexionar sobre as redes sociais.

 Non digas na Rede o que non quererías que fora exposto nun anuncio panorámico coa túa cara posta nel. (Erin Bury) Hai un ser humano detrás de cada tuit, blog e correo electrónico. Recórdao. (Chris Brogan) Todos deberían comprender que cando agregan aos seus amigos a Facebook están traballando gratis para as axencias de intelixencia dos Estados Unidos construíndolles esta base de datos. (Julian Assange) Facebook é xa o terceiro país máis grande do mundo, se consideramos a súa poboación, polo que é capaz de mover máis información que calquera Goberno. (Mark Zuckerberg)

Os maios de Alba Aneiros

Invítovos a todos a que vexades o traballo dos maios que fixo a vosa compañeira Alba Aneiros de 3º da ESO. Así é como se fai un traballo ben feito. Noraboa Alba. Os maios de Alba Aneiros.

3º ESO: GALEGO. A obra de Eduardo Pondal.

A continuación un enlace para que poidades acceder á información das obras de Pondal. A obra de Pondal

4º ESO: GALEGO. Exame XERACIÓN 36, ENLACE...

Un enlace para que poidades acceder ao exame. Exame tipo test

4º ESO: CASTELLANO. Sintaxis NO MEU BLOG.

A continuación póñovos un enlace con todas as entradas que hai no meu blog referidas a este tema. Sintaxis en el blog

3º ESO: GALEGO. Poemas de Curros.

Cando queirades podedes ir facendo os poemas que aparecen nas p. 236 e 237 de Curros, contestando ás preguntas que alí se vos plantexan. Ídeos entregando a medida que os vaiades facendo.

3º ESO: GALEGO. A obra literaria de Curros Enríquez.

A continuación póñovos un enlace co cadro das obras de Curros. Obra de Curros

Audio libros para todos os cursos e gustos.

Póñovos un enlace con  audio libros por se vos apetece escoitar algún. Son gratis. É a contribución de Amazon ao encerro. A próxima semana é o Día do Libro. https://stories.audible.com/

3º ESO: GALEGO. A obra de Rosalía de Castro.

A continuación póñovos un enlace para que vexades a explicación das obras de Rosalía. As obras de Rosalía.

3º ESO: GALEGO. Exercicios pronomes explicados e correxidos.

A continuación póñovos un enlace cos exercicios dos pronomes átonos explicados e correxidos. Espero que o miredes e vos sirva de axuda. Pensade que este é un dos temas máis importantes da gramática galega e tamén un dos máis difíciles. Os malditos pronomes átonos.

1º e 2º ESO: GALEGO. Cocinillas.

Esta semana imos practicar os textos instrutivos e ímolo facer dun xeito moi apetitoso. Tedes que cociñar. Ides facer unha receita, a que queirades (que non sexa unha pizza de Casa Tarradellas nin un sandwich ou trapalladas así) e escribides os ingredientes e despois o xeito de facela, pero tedes que contarmo nun vídeo no que ten que saír un fotograma co resultado do voso prato. Poñede a vosos pais e a vosos avós a traballar, así vai ser máis divertido. A data de entrega será o día 21 de abril, antes das 9 da noite. Estou desexando ver o resultado!!!!!!

3º ESO: GALEGO. Comentario texto A GALICIA

En vista de que o comentario de texto saíu en liñas xerais mal ou moi mal, póñovos o comentario correxido para que cada un de vós observe en que fallou. A Galicia de Francisco Añón

4º ESO: GALEGO. Actividades e Comentario de A esmorga.

A continuación póñovos un enlace para que comprobedes cales son as respostas ás actividades de A esmorga  e como facer o comentario con eses datos. A esmorga. Vida e miragres.

4º ESO: CASTELLANO. Explicación ejercicios sintaxis.

A continuación un enlace coa explicación dos exercicios da páxina 139 de castelá. Se aínda así vos quedan dúbidas, non tedes máis que preguntar. Mi adorada sintaxis.

San Andrés de Teixido visto por Jacqueline.

QUERO COMPARTIR CON VÓS OUTRO TRABALLO BEN BONITO. GRACIAS JACQUELINE. SAN ANDRÉS DE TEIXIDO.

A esmorga. Un traballo en equipo.

Teño o pracer de compartir con vós un traballo feito por unhas alumnas de 4º ESO (Alba Caínzos, Alba Couce, Zelti, Iago Pardo e Nicolás) sobre a lingua galega na posguerra e a literatura no exilio. Mención especial fan a Blanco Amor e a súa obra A esmorga.  Lendo estes traballos o encerro destes días faise máis levadeiro. Gracias rapazas e rapaces. A esmorga

2º ESO: GALEGO. Obra de teatro en galego.

Enlace para que poidades imprimir a obra que empezaremos a ensaiar mércores. Obra de teatro en galego

4º ESO: GALEGO. Ourense literario.

A continuación un enlace para coñecer un pouco a Blanco Amor, A esmorga  e Ourense. O roteiro de A esmorga.

2º ESO: GALEGO. Cocepción Arenal.

A continuación un enlace no que atoparedes un power point de Concepción Arenal. Concepción Arenal.

4º ESO: CASTELLANO. Las moscas de Antonio Machado.

A continuación un enlace para facer un comentario. Trátase do poema Las moscas de Antonio Machado. Comentamos a Machado

La canción del pirata

Letra de La canción del pirata de Espronceda. La canción del pirata, poema completo

1º ESO. GALEGO. Continuamos coñecendo o folklore galego.

Dado que este Nadal aprendemos a cantar os Reis, imos seguir afondando na nosa cultura musical. É por iso que a continuación vos poño un par de páxinas que nos van servir para iniciar a nosa andaina musical. http://cedofeita.arcanaverba.org/folklore.html Cancioneiro