Publicacións

PROFESORA ORGULLOSA

 Hoxe en 4º tiven unha desas clases que fan que esta profesión teña sentido. Rapaces estou moi orgullosa de vós e por iso quero compartir o voso traballo con todos os demais alumnos. Merecédelo. Moitas grazas. As palabras e a imaxinación.   Un novo poema

LETRAS GALEGAS 2022

 Este curso pedinlles a algúns dos meus alumnos que fixeran un álbum de fotos coa vida de Florencio Delgado Gurriarán e os resultados foron tan excelentes que quero compartilos con vós. En 1º ESO o traballo é de Antía, Gala, Adriana e Laura. En 2º ESO Raúl, Diego, Xabi, Sara e Angelika. En 3º ESO Andrea, Lucía, Manuel e Abril. Noraboa a todos eles e o meu agradecemento. Traballo 2º ESO Traballo 1º ESO Traballo 3º ESO: https://www.canva.com/design/DAFALx9ICLs/lbGIBZM8KCw9yt3-1U_nMA/view?utm_content=DAFALx9ICLs&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink 

OS BURRICORNIOS DO VALLE-INCLÁN

 Hoxe propúxenlles aos meus alumnos que fixeran unha redacción no que o protagonista fora un burricornio e saíron contos moi bonitos que quero compartir con todos vós. Outros foron algo  macabros-mataron ao pobre do burricornio-, pero en xeral foron todos moi imaxinativos.  Grazas rapaces. Fixéstesme pasar un rato moi agradable. Felicitacións a Andrea, Lucía Galdo, Abril e Ainara, Marta e Laura de 4º ESO que escribiron os bonitos e tamén a Antón que foi dos macabros. Os burricornios do Valle-Inclán

4º ESO: CASTELLANO. ORACIONES COMPUESTAS (CADRO)

 Enlace para ver la explicación de los distintos tipos de oraciones compuestas. Oraciones compuestas.

Saída ao parque.

 Hoxe en 1º ESO fixemos unha clase diferente: saímos ao parque, escoitamos en silencio os sons que nos rodeaban, observamos á xente, as árbores, os paxaros...e despois escribimos o que sentimos. E Antía Pérez Arto sentiu que escoitar e ser consciente do que escoitas agocha o sentido da vida. E por isto que teño que compartir con todos vós a súa fermosa redacción e prometer que o faremos moitas máis veces porque é así como se sente a literatura. NORABOA, ANTÍA! A saída de Antía ao parque.

O CAMIÑO INGLÉS ESTUDADO POR GALA SIXTO

 Compráceme e enorgulléceme compartir o traballo feito por Gala Sixto de 1º ESO sobre o Camiño Inglés. É imposible facelo mellor. NORABOA GALA E SEGUE AGASALLÁNDONOS CON ESTES FERMOSOS TRABALLOS. O camiño inglés

As rutas xacobeas.

 Algunhas alumnas de 3º ESO estiveron estudando as distintas rutas que hai para chegar a Santiago de Compostela e gañar o Xubileo. Son uns traballos dignos de un premio e este é o meu premio e a ´homenaxe que vos poido facer. Invítovos a todos a que lles botedes un ollo. SON FANTÁSTICOS! As rutas xacobeas