Publicacións

4º ESO: CASTELLANO. ORACIONES COMPUESTAS (CADRO)

 Enlace para ver la explicación de los distintos tipos de oraciones compuestas. Oraciones compuestas.

Saída ao parque.

 Hoxe en 1º ESO fixemos unha clase diferente: saímos ao parque, escoitamos en silencio os sons que nos rodeaban, observamos á xente, as árbores, os paxaros...e despois escribimos o que sentimos. E Antía Pérez Arto sentiu que escoitar e ser consciente do que escoitas agocha o sentido da vida. E por isto que teño que compartir con todos vós a súa fermosa redacción e prometer que o faremos moitas máis veces porque é así como se sente a literatura. NORABOA, ANTÍA! A saída de Antía ao parque.

O CAMIÑO INGLÉS ESTUDADO POR GALA SIXTO

 Compráceme e enorgulléceme compartir o traballo feito por Gala Sixto de 1º ESO sobre o Camiño Inglés. É imposible facelo mellor. NORABOA GALA E SEGUE AGASALLÁNDONOS CON ESTES FERMOSOS TRABALLOS. O camiño inglés

As rutas xacobeas.

 Algunhas alumnas de 3º ESO estiveron estudando as distintas rutas que hai para chegar a Santiago de Compostela e gañar o Xubileo. Son uns traballos dignos de un premio e este é o meu premio e a ´homenaxe que vos poido facer. Invítovos a todos a que lles botedes un ollo. SON FANTÁSTICOS! As rutas xacobeas

Lugares emblemáticos no Camiño de Santiago.

 Os rapaces de 3º de ESO estiveron buscando lugares emblemáticos dun dos Camiños de Santiago e, a vosa compañeira Laura Rodríguez, fixo un excelente traballo que quero compartir con todos vós. Lugares que hai que visitar.

Celebramos o 25N

 Quero compartir con todos vós este preciosísimo traballo de Angelika, de 2º ESO, para a celebración do 25N. Gracias, Angelika e noraboa polo teu traballo. 25N

III Xornadas escolares pola eliminación da violencia de xénero(Flashmove)

Imaxe