Publicacións

As redes sociais.

 En 2º ESO plantexámonos por que razón as redes sociais teñen tanto éxito e o voso compañeiro Carlos mandoume un vídeo que quero compartir con vós porque creo necesario que todos reflexionemos sobre o tema. As redes sociais heroes ou viláns?  Copiade este enlace no buscador. Non ten desperdicio. Gracias, Carlos. https://www.youtube.com/watch?v=napWDUFoS4M

Os xudeus e os seus costumes.

 Os rapaces de 3º ESO estiveron investigando a importancia dos xudeus en España e os seus costumes. A vosa compañeira Yaiza fixo un traballo moi ben feito que quero compartir con vós porque é moi importante coñecer o noso pasado e tamén importante coñecer outras culturas. Gracias, Yaiza Os xudeus e os seus costumes.

Os obxectivos da axenda 2030.

 Estas semanas os alumnos de 2º ESO estiveron traballando Os obxectivos da axenda 2030, dos que España é país firmante, neles marcaron unhas metas para mellorar este mundo que nos tocou vivir.  Teño o grandísimo pracer de presentarvos o traballo que fixo Laura Rodríguez que estudou tres deses obxectivos. NON VOS PERDADES O VÍDEO QUE SELECCIONOU!!!!! Gracias, Laura . Os obxectivos da axenda 2030

4º ESO: GALEGO. Exame de sintaxe. ORACIONES SIMPLES.

 Miniexame de sintaxe Miniexame

4º ESO: Castellano. Sintaxis (as verdades do barqueiro)

 A continuación un enlace con todo aquilo que tedes que saber para poder arrincar neste tema da sintaxe. O ABC da sintaxe.

4º ESO: GALEGO. Entradas do meu blog do voso interese.

 A continuación póñovos un enlace para que poidades acceder a todas as entradas do meu blog que vos poden servir de moita axuda agora que estades empezando coa sintaxe. Entradas no blog do voso interese

3º ESO. Textos para reflexionar sobre as redes sociais.

 Non digas na Rede o que non quererías que fora exposto nun anuncio panorámico coa túa cara posta nel. (Erin Bury) Hai un ser humano detrás de cada tuit, blog e correo electrónico. Recórdao. (Chris Brogan) Todos deberían comprender que cando agregan aos seus amigos a Facebook están traballando gratis para as axencias de intelixencia dos Estados Unidos construíndolles esta base de datos. (Julian Assange) Facebook é xa o terceiro país máis grande do mundo, se consideramos a súa poboación, polo que é capaz de mover máis información que calquera Goberno. (Mark Zuckerberg)