A continuación comparto unha serie de artigos de opinión, en castelá e galego, co fin de que os alumnos poidan ir familiarizándose e preparándose para a selectividade. Artigos de opinión
Comparto con todos vós o excelente traballo realizado por Gala Sixto e Antía Pérez de 4º ESO, sobre tres mulleres rompedoras nunha época na que ser muller e artista non era nada doado. Espero que vos guste tanto coma a min. Julia Minguillón, Maruja Mallo e Lolita Díaz Baliño.
Esta semana en 3º ESO estiveron investigando Cecebre, o seu encoro, o seu bosque, a película que alí se filmou... E, como non, saíron traballos moi interesantes que vos invito a ver: Cecebre visto por Antía. Cecebre visto por Neus Cecebre visto por Alba
Este ano, dentro do Proxecto Terra, estamos a investigar pintoras galegas e, como non, empezan a xurdir traballos interesantes. Nesta ocasión o traballo é de Yanira de 2º ESO e vai sobre MARUJA MALLO. Botádelle un ollo. Vaivos gustar . Maruja Mallo, unha "Sinsombreiro"
A continuación uns apuntes sobre as vangardas, as distintas correntes, as súas características e autores galegos que as cultivan. As vangardas en Galicia
Este fin de semana os rapaces de 1º ESO tiñan un cometido: debían ir a unha praia a ver unha posta de sol e describila e Samuel fíxoo du xeito marabilloso que quero compartir con todos vós. Incluso nos agasallou cunhas fermosas fotos. Gracias Samuel e noraboa. Atardecer de Samuel.
A Sabela de 1º de ESO tocoulle investigar sobre Senegal, a raíz dun conto que lemos do libro Lúa do Senegal e isto é o marabilloso traballo que fixo: Senegal