Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March 31, 2019

2º ESO: GALEGO. La clase.

Imaxe
Esta semana con 2º ESO decidín ver La clase, unha película francesa que fai reflexionar sobre o comportamento de moitos alumnos dentro das aulas e tamén sobre o que senten os profesores cando estes comportamentos fan moi difícil que as clases discurran con normalidade.
Despois de ler os vosos traballos observei que, moitos de vós, reflexionastes sobre o dano que podedes facer co voso comportamento tanto aos compañeiros como aos profesores que, aínda que pareza mentira, somos persoas e temos sentimentos.
Esta película permítenos ver a realidade de Francia: clases cunha enorme mistura de razas e, polo tanto, de culturas,  alumnos dos barrios baixos franceses. Tamén nos permite ver as diferenzas coa nosa maneira de ensinar.

1º ESO: GALEGO. A semana do cine

Imaxe
Esta semana, para descansar un pouco de todos os exames, decidín facer unha semana de cine.
Vimos dúas películas: Bienvenidos al Norte e La familia Bélier, dúas películas francesas que vos van permitir traballar os tópicos, a xordeira, a capacidade de sacrificio, a amizade e todo aquilo que   virades e queirades traballar. Podedes, por exemplo,coñecer un pouco mellor Francia: Bergues, un pobo fronteirizo con Bélxica, París... Podedes investigar quen é Dany Boon, quen Louane Emera...
Foi para min unha experiencia do máis agradable ver a atención que prestastes, o que vos ristes, o felices que fostes, e tamén espero que aprenderades algo moi importante:  vendo bo cine un pode vivir moitas vidas e viaxar a moitos lugares.
Agora tócavos a vós sorprenderme, como facedes habitualmente, cos vosos traballos sobre estas películas.



4º ESO: CASTELLANO. Cuadros vanguardistas.

A continuación póñovos o enlace para que vexades un precioso power point sobre as vangardas.
Espero que vos guste.
Cadros e poemas vangardistas.