Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September 16, 2018

3º ESO. Proxectos curso 2018-2019

A continuación póñovos o enlace para que saibades o que imos traballar este curso. Espero vos resulten atractivos e poidades aprender moito e de forma divertida.
Proxectos 3º ESO

2º ESO. Proxectos curso 2018-2019

A continuación tedes o enlace para que saibades os proxectos que imos levar a cabo este curso. Espero que vos gusten e aprendades tanto como o ano anterior.
Proxectos 2º ESO

Programación de Oratoria e criterios de avaliación, 2º ESO.

A continuación póñovos o enlace para que poidades consultar a Programación e os Criterios de avaliación.
Oratoria

O meu correo

O meu correo de traballo é angelicasm65@gmail.com; este correo é tanto para alumnos como para aqueles pais que teñan algunha dúbida que se poida resolver por este medio. En canto me sexa posible, contestarei.
Pídovos a todos os alumnos que fagades un uso axeitado e que non o empreguedes para facer preguntas pouco importantes.

RECTIFICACIÓN dos criterios de avaliación de 1º, 2º e 3º ESO

Pídovos desculpas se algún de vós leu os criterios de avaliación de 1º, 2º e 3º ESO que publiquei onte. Evidentemente eses non eran os actuais.
Criterios de avaliación.

Criterios de avaliación 4º ESO

Benvidos a este novo curso. Sodes os maiores. Este é un curso moi importante para o voso futuro inmediato. Espero que empecedes con ganas desde o principio e que este blog vos sirva de apoio na vosa aprendizaxe.
Este curso ten dous piares: sintaxe e comentarios de texto. É por iso que neses dous pés andaremos case todo o ano.
En cada avaliación haberá tres exames: un de gramática, un comentario de texto e un oral (un debate, recitar un poema, ler un conto...), que terán un valor dun 75%, quedando o 25% para proxectos de investigación que levaremos a cabo cando o tema así o requira.
A medida que avance o curso iremos vendo que libros de lectura nos interesan.
ÁNIMO!!!!!