1º ESO: GALEGO. Que estamos facendo?

Estes días dousenos por pescudar sobre personaxes históricos: Nelson Mandela, Mao Tse-Tung, Mahatma Gandhi, Dolores Ibárruri e estes foron aumentando a nosa curiosidade e leváronos a outros:
Rosa Parks, Helen Keller, Ana Sullivan, Pablo Iglesias, A revolución dos caraveis...
Tamén falamos dos personaxes que cada un deles admira: Jordan, Phelps, Verónica Boquete...
A próxima semana serán Bakunin, Marx, Concepción Arenal, Alan Turing, Ana Frank, Azaña e tamén veremos as ONGs. A ver a que nos levan estas novas pescudas...
En breve poñerei os fermosos traballos que están a realizar e que seguro nos levan a un fermosísimo traballo ao final do curso.
Estádelo facendo moi ben, rapaces! Estou moi orgullosa de vós!

Comentarios